Na Punta Do Pé

Autor:
Montse Et Al. Rivera Crespo
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484647522
Idioma
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
25,00€

No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando. Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo musical convencional, Pesdelán fai unha proposta novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a idea do público espectador e pasivo pola dun público activo e participante, e pasándoo ben.