Ninguén contará a verdade

Autor:
Feijoo, Pedro
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788411104340
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Formato
application/epub+zip
9,99€

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación... Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder. «Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.