Os santos nunca dormen

Autor:
González Costa, Teresa Teresa (1975-) González Costa/González Costa, Teresa
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788499146508
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Formato
application/epub+zip
Marca de agua digital
8,49€

Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas. Os santos nunca dormen actualiza mitos e lendas de noso coa intención de esculcar na procura da identidade e da descuberta real do pasado. Unha novela enraizada nun universo literario e bíblico moi rico, cheo de simbolismo, onde se reflexiona sobre o que é distinto e diferente, sobre os modos de exercer o poder ou sobre as dimensións da solidariedade e do amor.