Para Facer O Retrato Dun Paxaro

Autor:
Jaques Prévert Mordicai Gerstein
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788415250005
Idioma
Gallego
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
14,00€

Esta fermosa fábula sobre a arte e a creatividade une un dos poemas máis sutís de Prévert, escrito en 1943, e o talento artístico de Gerstein. Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional. A medida do tempo, o valor da paciencia, o modo no que se reflicte a natureza son outros alicientes desta obra. No fondo, trátase dunha reflexión filosófica sobre o efémero: capturamos momentos e impresións de canto observamos e ansiamos, pero apenas podemos retelo durante un tempo; debemos desprendernos, pois, dese afán por reter o que non nos pertence, para que a nosa mirada estea aberta a novas sensacións no futuro.