Paxaros de papel

Autor:
Aleixandre, Marilar
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491213208
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Formato
application/epub+zip
6,99€

Unha noite perseguindo o solpor máis alá de Fisterra, Rodrigo logrou dar caza ao sol antes de que afogase no mar e viu (ou tal vez soñou) os paxaros de mil e unha cores. E voando, alto, moi alto, nun avión biplano tan lixeiro como as nubes, construído con cartóns reciclados e ás de morcego prestadas chegou a Caibarién, unha illa que non figura en ningún mapa (agás nos mapas secretos usados para facer avións de papel).