Principio de incerteza

Autor:
Ortega, Pilar Pazos, Raqu
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491213826
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Formato
application/epub+zip
8,49€

Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? "Principio de Incerteza" relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terrible episodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara co seu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ata que punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dun alumno. Esta historia -estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg- aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esencia final do ser humano.