Proxecto pomba dourada

Autor:
Vázquez Freire, Miguel
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491211709
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Formato
application/epub+zip
6,99€

Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, -díxolle o inspector Lesoto-, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime».