Quen dá a quenda?

Autor:
Cajaraville, Héctor
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788411104227
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Formato
application/epub+zip
6,99€

Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males. FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015