Revolución Detrito

Autor:
de Cea, Xosé
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491215554
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Formato
application/epub+zip
6,99€

Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. É a única saída que teñen para sobrevivir na República de Ocidia, un país gobernado con man de ferro por un ditador tan extravagante como sanguinario. A vida de Ticho estará marcada por ese traballo inhumano para un rapaz, pola ausencia da nai e por buscar na fantasía a válvula de escape a unha realidade tan atroz. Podería ter sido a biografía cotiá de millóns de nenos e nenas en todo o mundo, pero Ticho cruzarase cun trasno na mina onde traballa e ese feito revolucionará a súa existencia e a da súa xente. E non, isto non é un conto marabilloso.