Sangue no dron

Autor:
Vidal Portabales, Ignacio
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788411100632
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Formato
application/epub+zip
6,99€

Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro...