Tres pasos polo misterio

Autor:
Fernández Paz, Agustín
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491210887
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Formato
application/epub+zip
6,99€

Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso desacougante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de "A serpe de pedra" conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. O mozo peregrino de "A vella foto das estrelas" relata como debido a un encontro marabilloso acaecido no Camiño de Santiago tocou o misterio da presenza terrible e marabillosa que vén coa noite chea de estrelas. O historiador de "As sombras do faro" rememora, trinta anos despois, os estraños e desacougantes sucesos, tan claros na súa memoria, da enigmática torre de Pontebranca, un faro derruído, onde se viviron experiencias terribles. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.